Inicio Carballo ao día Hemeroteca Medidas de prevención da COVID-19 en...

Medidas de prevención da COVID-19 en instalacións deportivas pechadas e piscinas vixentes ata o 18 de xaneiro

Luns 20 de decembro do 2021 Deporte

Segundo se recolle na “ORDE do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos e se prorrogan diversas ordes como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia”, para a práctica de actividade física e deportiva non federada, as persoas usuarias poderán acceder aos centros ou instalacións deportivas pechadas ou a piscinas cubertas, tanto públicas como privadas, sempre que as persoas maiores de 12 anos dispoñan dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

  • CERTIFICADO DE VACINACIÓN COVID-19
Certificado emitido polo servizo público de saúde que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidad eco Regulamento (CE) 726/2004. 
  • CERTIFICADO DE DIAGNÓSTICO
Certificado que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos. No caso dos test rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa. 
  • CERTIFICADO DE RECUPERACIÓN
Certificado que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.

Ligazóns



Galería

Compartir: