Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicada a obra pendente de execución no...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicada a obra pendente de execución no camiño rural Taboada-Souto Grande de Entrecruces

Luns 2 de outubro do 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou, ademáis, as certificacións das obras Afirmado de camiños en Cances, Carballo e Goiáns, Rede de saneamento na parroquia de Ardaña, 1ª fase, a terceira de Aceras en Xoane - Goiáns e a cuarta do Paseo fluvial no entorno rústico do río Anllóns. Igualmente, aprobouse un convenio específico para o desenvolvemento da formación en Centros de Traballo co IES Monte Neme, de acordo coa normativa vixente emitida pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para o curso escolar 2006/2007, e unha nova autorización de vao permanente na esquina das rúas Gerona e Tarragona. A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a licenza para a construcción dun edificio de 19 vivendas nas rúas Álvarez de Sotomayor, Vila de Negreira e Ferreiros, ademáis da construcción de dúas vivendas unifamiliares en Razo da Costa (Razo) e Loenzo de Arriba (Bértoa).

Compartir: