Inicio Carballo ao día Hemeroteca 70 mulleres poderán participar o 15 de...

70 mulleres poderán participar o 15 de xaneiro nun seminario intensivo de defensa persoal organizado pola Deputación

O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de decembro. Descarga aquí o impreso e preséntao no Rexistro Municipal

Xoves 2 de decembro do 2021 Benestar

Carballo será unha das oito sedes dos seminarios intensivos de defensa persoal para mulleres organizados pola Área de Deportes da Deputación da Coruña. No noso concello, a actividade levarase a cabo o 15 de xaneiro, pero as interesadas teñen que anotarse antes do 20 deste mes presentando o impreso de solicitude no Rexistro Municipal, en calquera dos rexistros auxiliares do Concello de Carballo ou de maneira telemática a través da sede electrónica. Hai un tope de 70 prazas, que se cubrirán por orde de solicitude.

Os seminarios intensivos de defensa persoal van dirixicos a mulleres de 14 a 70 anos empadroadas en calquera dos concellos da provincia. Durante as catro horas de duración do taller aprenderán as técnicas fundamentais para a súa autodefensa. A participación é gratuíta, e será preciso que se cubran polo menos 20 prazas para que se leve a cabo a actividade.

Xunto ao impreso de solicitude, que podes descargar máis abaixo, atoparás toda a información.

Descargas

Compartir: