Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Escola Ambiental Senda Nova-Concello de...

A Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo celebra o seu décimo aniversario con todas as prazas cubertas

Xoves 25 de novembro do 2021 Participación veciñal

O concelleiro Miguel Vales (sentado á dereita) asistiu á presentación da escola

O concelleiro Miguel Vales (sentado á dereita) asistiu á presentación da escola

A décima edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo xa está en marcha. Ao acto de presentación asistiron medio cento de persoas ent, e as que se atopaban as familias da rapazada que desfrutará da programación, socios/as da entidade organizadora e o noso concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales.

A xornada serviu para o achegamento das familias ao proxecto, así como para solucionar dúbidas e repartir os agasallos das camisetas aos máis novos. Ao mesmo tempo coñeceron as instalacións do Espazo da Natureza de Oza, onde se desenvolverán as actividades.

Nesta 10 edición participarán 25 nenos e nenas de entre 3º e 6º de primaria dos colexios do municipio de Carballo, polo que se cubrirán todas as prazas.

Ligazóns

Compartir: