Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Mercado de Mulleres Artesás achega a...

O Mercado de Mulleres Artesás achega a Carballo unha completa representación da artesanía galega

Coiro, bixutería, olería, roupa, xoiería, macramé, complementos, artes plásticas e moito máis agárdante esta fin de semana no Mercado Municipal

Venres 12 de novembro do 2021 Mercado Municipal

Esta fin de semana tes motivos con forza para achegarte ou quedarte en Carballo! O Mercado de Mulleres Artesás reunirá durante dous días na planta alta do Mercado Municipal unha ampla e completa representación da artesanía galega feita por mulleres. Teremos de todo: coiro, bixutería, olería, roupa, xoiería, macramé, complementos, artes plásticas, instrumentos musicais, candeas, xoguetes de madeira... e poderás descubrir que moitos destes obxectos únicos levan o selo “feito en Carballo”.

O obxectivo do mercado, que estará aberto de 12.00 a 21.00 horas é poñer en valor e reivindicar o gran labor que levan facendo dende sempre as mulleres artesás, e tamén ver como as novas xeracións seguen tomando o relevo destas profesións, adaptándose aos novos tempos. Estas son as participantes: Recuncho de Cucadas (coiro), La chapera (chapas), Waves (moda surfeira), Notebooks (Libretas recicladas), Encaixes Lucita (encaixe de Camariñas), Pampillo Store (deseño gráfico), Fento do Vento (bixutería feita con resinas e materiais naturais), Susana Bermejo (ilustración), Longa Vida Handmade (roupa DENIM feita a man reciclada), Zeltia o Aire (bixutería galega), Brazolinda (xoguetes artesás de madeira), Pasamarela (complementos e camisetas),Davana (moda e complementos feitos a man), Galiaromas (candeas artesanais), María Viqueira (camisetas con selo galego), Ana Freiría Orfebrería, Yasmina García (deseño moda), Jerolas (bolsos e chaquetas feitas a man), Las Cositas de Grey (bixutería para rapazada e maiores), La Madrina de Candela (xoiería), Vivo Macramé, Isabel Andrade (xoiería), Rakelúa (coiro), Marilá (Olería de Buño), Cristina Blanco (bonecos de trapo), Redeiras Artesás, Trenzarte, Mercedes Moura (roupa tradicional), Miña Mena (encaixe de Camariñas), Conecta (plataforma para facer plans por Galicia e coñecer xente),  Musical JR e as artistas locais Nere Rama, Isa Fernández e María Barca.

A cita complétase con numerosas actividades paralelas: exposicións, proxeccións, música, obradoiros… Bótalle unha ollada ao programa! E ademais teremos un recuncho solidario reservado para a tradicional campaña de recollida de xoguetes novos e alimentos non perecedoiros da Cruz Vermella de Carballo. Colabora!

PROGRAMA

  • Sábado 13 de novembro
12:00- Apertura do evento coa inauguración dunha exposición e a proxección dunha reportaxe sobre mulleres artesás.
13:00- Sesión vermú con pandereteira e Sñra. Dj: percorrido dende a música máis tradicional ata as novas tendencias musicais emerxentes de Galicia.
16:00-20:00 - Pinta caras para os/as cativas levada a cabo pola artista coruñesa Mamen Bazarra.
17:00-18:00- Obradoiro de trenzado impartido polas sancosmeiras.
19:00-20:00- Actuación de pandereteira.
20:00-21:00- Peche con Sñra. Dj: percorrido dende a música máis tradicional ata as novas tendencias musicáis emerxentes da nosa comunidade. 
  • Domingo 14 de novembro
12:00- Apertura do mercado
13:00-15:00- Sesión vermú con Beta B2B Riquiña, parella de dj´s emerxentes afincadas en Santiago de Compostela, con ritmos de música electrónica e experimental con folclore, ata pop con techno.
16:00-20:00- Pinta caras para a cativada: levada a cabo pola artista coruñesa Mamen Bazarra.
17:00- 18:00- Obradoiro de crebas para a cativada: taller creativo de como converter os residuos nunha obra de arte.
16:30- 17:30- Obradoiro de bordado con Lúa Mosquetera.
19:00-20:00- Actuación da poeta Lúa Mosquetera.
20:00-21:00- Sesión final con Beta B2B Riquiña, parella de DJs emerxentes afincadas en Santiago de Compostela con ritmos de música electrónica e experimental con folclore, ata pop con techno.

Compartir: