Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pazo da Cultura acolle a presentación da...

MULLER

O Pazo da Cultura acolle a presentación da Asociación de Empresarias de A Coruña

Venres 29 de setembro do 2006

Durante a presentación, a presidenta de AECO dará a coñecer as actividades que a asociación ven desenvolvendo desde hai 25 anos na provincia, para apoiar ás empresarias e velar polos seus intereses. Ademáis, exporá as vantaxes de acercar estes servizos a cada comarca, co fin de desenvolver máis eficazmente os proxectos que se leven a cabo e poder respostar ás inquietudes das empresarias da zona. Desde AECO invítase a tódalas mulleres empresarias da comarca a participar neste acto de presentación. Na organización do acto colabora o Concello de Carballo, polo que as interesadas en recibir máis información poden solicitala á Técnica Local de Emprego ou chamando ao teléfono 981704100.

Compartir: