Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Fundación Érguete retoma o...

A Fundación Érguete retoma o servizo de orientación laboral para persoas en proceso de excarceración

É un dos 14 proxectos promovidos por entidades sociais que subvencionamos este ano a través da Concellaría de Igualdade e Benestar

Martes 2 de novembro do 2021 Benestar

O servizo estivo operativo tamén no ano 2019

O servizo estivo operativo tamén no ano 2019

A Fundación Érguete - Integración retomará este mes en Carballo o programa de orientación laboral e xestión de competencias para a inserción sociolaboral de persoas en proceso de excarceración ou que finalizaron condena. O Concello de Carballo colabora cunha subvención de 1.668 euros, que cobre a totalidade do proxecto.

O programa, como explican dende a fundación, vai dirixido “a dez persoas de Carballo e a súa contorna en réxime de semi-liberdade ou que remataron a súa condena. Do 8 de novembro ao 17 de decembro trataremos de mellorar a súa empregabilidade e as competencias persoais de cara á inserción social e laboral, facilitando a súa integración na comunidade”.

O servizo enmárcase dentro da necesidade que a Fundación Érguete ten detectado na súa intervención no Centro Penal de Teixeiro e o Centro de Inserción Social da Coruña, onde unha porcentaxe das persoas atendidas na nosa comarca. O obxectivo é dar continuidade aos itinerarios personalizados de inserción que se deseñaron coas persoas usuarias no cumprimento da súa condena, tentando traballar dunha maneira máis integral accedendo aos recursos do entorno para así alcanzar unha inserción sociolaboral real, segundo indican dende a Fundación Érguete.

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Igualdade e Benestar, financia este ano con 60.000 euros un total de 14 proxectos presentados por outras tantas entidades sociais que traballan no noso concello.

Ligazóns

Compartir: