MEDIO RURAL
Rematan as charlas informativas sobre as medidas relativas á prevención de incendios forestais
Xoves 28 de setembro do 2006
Diferentes parroquias de Carballo acolleron durante os últimos días a realización de cinco charlas máis, concretamente nos lugares de Cances, Razo, Sofán, Rus e Noicela. As charlas están dirixidas a poboacións concretas do concello e a desta noite será para os veciños de Carballo e Bértoa. A charla, ao igual que as anteriores, comezará ás 21,00 horas e será impartida por técnicos da consellería de Medio Rural.