Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata no Museo de Bergantiños a...

CULTURA

Remata no Museo de Bergantiños a exposición ‘Xaquín Marín, 50 anos en liña’

Xoves 28 de setembro do 2006

Xaquín Marín é un dos autores maís recoñecidos de viñetas e pintura de Galicia e fundador, ademáis, da banda deseñada galega. Compaxina todas estas disciplinas, ilustración e banda deseñada coa súa labor como cartelista e humorista gráfico, da que é un referente en Galicia. Asinou álbumes de banda deseñada como Ratas, Gaspariño, Dos pés á testa e Tonecho. Colabora regularmente coa revista Golfiño, ademáis de aparecer en diversas publicacións galegas das últimas décadas. Xaquín Marín é o director do Museo do Humor de Fene e actualmente publica en La Voz de Galicia. Ten recibido numerosos premios pola súa labor de ilustrador e humorista e salientapola súa constante crítica social a través do humor.

Nova exposición

O vindeiro mércores, 4 de outubro, inaugúrase no Mueso de Bergantiños a exposición Eles e nós. Rostros da Guerra Civil. Trátase dunha exposición de Sofía Moro que recolle as memorias dunha ampla gama de persoas de todas as cores políticas, nunhas vidas afectadas pola guerra civil española e o réxime posterior. A mostra reflexa o tema central sobre o que xirará a XV edición do Festival Internacional Outono de Teatro, que este ano bota unha mirada atrás no tempo con obras relacionadas coa guerra civil e a posguerra. A exposición está organizada en colaboración coa Deputación da Coruña, incluida dentro do Festival de Fotografía Olladas 2006.

Compartir: