CÁMARA DE COMERCIO
A Antena Cameral tivo máis dun millar de consultas desde a súa inauguración
Mércores 27 de setembro do 2006
O servizo da Antena Cameral estivo centrado, estes dou anos, no desenvolvemento do Observatorio Socieconómico de Carballo, sendo o seu principal obxectivo profundizar no coñecemento da realidade empresarial e social da Costa da Morte, tanto a través da información e análise riguroso da mesmo, como a través das seis Mesas de Traballo constituidas para tal fin, xerando máis de 30 documentos entre estudios e informes. O técnico responsable da Antena Cameral de Carballo, José Manuel García Guillín, presentou as liñas estratéxicas definidas polo Observatorio Socieconómico, trala información recollida nas Mesas de Traballo. As conclusións das liñas estrate´xicas son o fomento da cultura empresarial e emprendedora, o fomento da cooperación empresarial, redes de tramitación, información e asesoramento, plans de formación empresarial, plans de formación dos cadros de persoal, programas de mellora competitiva, desevolvemento de solo industrial, adecuación das infraestructuras, adecuación das axudas e subvencións e plans sectoriais estratéxicos. Deste último punto urxiría o desenvolvemento de programas estratéxicos nos sectores turístico, textil e do comercio minorista.
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou no acto que "estamos traballando en direccións interesantes para o desenvolvemento económico, vivindo momentos moi doces en crecemento urbano, tanto a nivel de poboación como de construcción. Este dinamismo e iniciativa empresarial compleméntase co investimento confirmado no Polígono Industrial de 35 millóns de euros, que convertirá ao emplazamento nun referente da Costa da Morte". O director xeral da Cámara de Comercio de A Coruña, Gonzalo Ortiz, suliñou, en referencia á Antena Cameral e Observatorio, que "Carballo é o lugar adecuado dado o seu eixo de actuación coa comarca de Bergantiños e Costa da Morte e rápida comunicación coa Coruña".