Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinado en Carballo un convenio para a...

MULLER

Asinado en Carballo un convenio para a creación de sete Puntos de Información á Muller na zona

Mércores 27 de setembro do 2006

Na actualidade só existían catro Centros de Información á Muller, en Carballo, Laracha, Cee e Muxía. O acordo asinado onte permitirá a dotación de Puntos de Atención nos Concellos que carecían de oficinas, como Coristanco, Ponteceso, Laxe, Cabana, Dumbría, Fisterra e Corcubión. Está previsto que os novos puntos abran un día á semana, ainda que se estudiará a demanda de servizos, financiación e posible ampliación de horarios. A Xunta ven de incrementar a partida presupuestaria neste ámbito, pasando dos 1,8 millóns de euros do ano pasado aos 2,5 millóns para este exercicio. No acto tamén estivo presente a delegada provincial de Vicepresidencia, Tereixa Novo.

Compartir: