Inicio Carballo ao día Hemeroteca Á venda os abonos para a XV edición...

CULTURA

Á venda os abonos para a XV edición do Festival Internacional Outono de Teatro

Martes 26 de setembro do 2006

Tamén hai posibilidade de adquiriri minibonos. Hai un de 22 euros, que sirve para as representacións dos días 14, 15, 21 e 22 de outubro, e outro de 32 euros válido para as obras dos días 28, 29 e 31 de outubro e 1 de novembro. As entradas individuais poderán adquirirse e reservar a partir do martes da vindeira semana. O programa do FIOT inclúe para esta edición as representacións de Imperial: Café Cantante Vigo 1936, a cargo de Teatro do Noroeste o 14 de outubro, Entrañas, a cargo de Titziana Teatre o domingo 15, O grande criador, de Compañía Chapito de Portugal o sábado 21, Macbeth, de Sarabela Teatro o domingo 22, 12 rosas de Arrieritos o sábado 28, Hazmerreír de Treatro de Malta o domingo 29, El Florido Pensil de Tanttaka Teatroa o martes 31 e Ay Carmela, con Santiago Ramos e Verónica Forqué o día 1 de novembro.

Compartir: