Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello asinará un convenio para o...

MULLER

O Concello asinará un convenio para o funcionamento do Centro de Información á Muller

Venres 22 de setembro do 2006

O Centro de Información á Muller de Carballo ofrece un servizo gratuíto e desinteresado mediante as consultas persoais, telefónicas ou escritas. Este departamento, creado en 2001, proporciona aesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade de oportunidades. O CIM garante en todo momento o anonimato na identidade das súas usuarias e a privacidade das cuestións que estas poidan plantexarlle ao persoal do Centro.

Compartir: