Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo formará a 60...

O Concello de Carballo formará a 60 persoas desempregadas en carpintaría, soldadura, telecomunicacións e cociña

Este curso impartiranse no Fórum catro especialidades, con 15 alumnos/as en cada unha delas, dentro do plan formativo para o emprego da Xunta

Mércores 15 de setembro do 2021 Carballo ao día

Os cursos impartiranse no Fórum Carballo

Os cursos impartiranse no Fórum Carballo

Ademais das 20 persoas que se formarán en atención sociosanitaria a dependentes no obradoiro dual de emprego “Carballo Coida”, o noso concello acollerá este curso outras catro accións formativas para persoas desempregadas nas que prepararemos a un total de 60 alumnos/as en carpintaría, soldadura, telecomunicacións e cociña.

Dentro do plan formativo para o emprego, a Xunta de Galicia subvencionará cun total de 270.750 euros catro das sete especialidades solicitadas pola Concellaría de Innovación, Formación e Emprego no mes de xuño. Son as seguintes:

  • Cociña: 828 horas
  • Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios: 458 horas
  • Soldadura con eléctrodo revestigo e TIG: 758 horas
  • Montaxe de mobles e elementos de carpintaría: 538 horas

No curso 2021-22 poderán formarse no Fórum Carballo, polo tanto, un total de 80 persoas en distintas especialidades que contan cunha alta demanda de traballadores/as no mercado laboral actual. As persoas que precisen máis información poden dirixirse ás oficinas municipais do Fórum, previa cita no 981709010.

Compartir: