CULTURA
Chris Wilson e Roy Loney chegan a Carballo da man do XiriaPop
Venres 22 de setembro do 2006
A organización do XiriaPop destacou "o salto de calidade desta edición, coa presenza de Chris Wilson e Roy Loney. O resto dos grupos aportarán un pouco de todo, dentro do estilo do pop e do rock". A apertura de portas está prevista para as 22,00 horas os dous días e a organización entende que non haberá problemas para acadar unha entrada no propio recinto. O aforo está limitado a 400 persoas e as 200 primeiras persoas que adquiran un bono serán agasallados coa Escrita Pop vol.1, un CD que conta con todos os textos de Carlos Rego na prensa e que inclúe sete versións inéditas de Burgas Beat.