Inicio Carballo ao día Hemeroteca Despois de case un mes no nivel alto, Carballo...

Despois de case un mes no nivel alto, Carballo regresa este sábado 21 ao nivel medio de restricións pola COVID-19

Os principais cambios afectan ao sector da hostalaría e tamén se amplía o horario de permanencia de grupos de persoas non conviventes

Venres 20 de agosto do 2021 Carballo ao día

Despois de case un mes no nivel alto de restricións pola COVID-19, o noso concello regresará este sábado 21 de agosto ao nivel medio, xa que a incidencia tanto a sete coma a catorce días diminuíu considerablemente. Aínda así, o último dato facilitado polo Sergas foi de 131 casos activos a 20 de agosto, polo que é importante respectar as medidas de prevención.

Os principais cambios con respecto á situación precedente refírense á hostalaría. Así queda a situación:

Os establecementos de hostalaría poden prestar servizos de terraza co 100% da capacidade máxima permitida e tamén no interior, neste caso cunha ocupación do 50%. Non se pode prestar servizo de barra. En todo caso, debe asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal e a ocupación máxima por mesa ou agrupación de mesas será de 6 persoas no interior e 10 na terraza. O horario de peche ao público mantense nas 23:00 horas, ampliable ata as 01:00 sempre que se cumpran as medidas previstas no Plan de Hostalaría Segura.

O mesmo aforo establécense para o interior dos establecementos de xogos colectivos de diñeiro e azar, salóns de xogo, recreativos, apostas e similares.

E os establecementos de lecer nocturno, como pubs ou discotecas, só poderán  prestar servizo nas terrazas ao aire libre, pero amplíase o aforo ata o 75% e tamén se permite o consumo no interior cunha ocupación máxima do 50%. O horario de peche queda fixado ás 03:00 horas.

Outro cambio importante refírese á permanencia de grupos de persoas en espazos pechados ou abertos, tanto de uso público coma privado, que queda limitada ás persoas conviventes entre as 03:00 e as 06:00 horas. Podes consultar as medidas ao detalle no Diario Oficial de Galicia, que podes descargar aquí abaixo.

Ligazóns

Compartir: