Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entréganse as cédulas de propiedade...

CATASTRO DE BENS INMOBLES

Entréganse as cédulas de propiedade de fincas rústicas en Entrecruces

Mércores 31 de agosto do 2005

Os técnicos da empresa Ditecar desprazaranse a esta parroquia para lle facilitar aos interesados a retirada das cédulas. O servizo estará aberto ao público no horario sinalado, no local social da escola de Outeiriños.

Unha vez realizada a primeira fase da revisión catastral, os propietarios de fincas rústicas teñen outra oportunidade para revisar e comprobar nos planos que os erros detectados anteriormente están xa corrixidos.

Durante o mes de agosto, entregáronselle as cédulas de propiedade aos veciños de Razo, Oza, Cances, Lema, Vilela, Noicela, Rebordelos, Goiáns, Sísamo, Bértoa, Carballo, Berdillo, Ardaña e Artes. O Concello agradécelle aos veciños a súa colaboración neste proceso e prégalle aos propietarios das fincas que acudan a retirar as súas cédulas nos lugares e das datas establecidas.

Compartir: