FACENDA
Aprobados os Padróns do Imposto sobre Actividades Económicas, Bens Inmobles Rústicos e Bens Inmobles Urbanos
Mércores 20 de setembro do 2006
Polo que respecta ao Padrón anual do Imposto sobre Actividades Económicas, as cifras son as seguintes:
No tocante ao Padrón do Imposto sobre Bens Inmobles Rústicos, os datos son:
Polo que atinxe ao Padrón do Imposto sobre Bens Inmobles Urbanos ou de de características especiais, as cifras son
O período de recadación dos ditos tributos establécese entre os días 15 de setembro e 20 de novembro, ambos os dous incluídos. O lugar de pagamento serán as Oficinas da Recadación Municipal, sitas na R/Camiño Novo, 7, entreplanta, Galerías Comerciais, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas, de luns a venres. Aos contribuintes que teñan domiciliado as súas débedas, o xiro de cobros producirase a partires do día 20 outubro de 2006. Coma en exercicios anteriores, durante o mes de agosto os contribuintes recibiron nos seus domicilios unha nota informativa onde se lles indican os conceptos e os importes polos que se atopan incluidos nas listas cobratorias, a efectos de poder solventar calquera erro ou omisión antes da aprobación dos Padróns. Os contribuíntes poderán presentar recurso de reposición contra as débedas coas que non estean conformes durante todo o período recadatorio e durante o mes seguinte á finalización do mesmo.