Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xa están en marcha todas as obras que se...

Xa están en marcha todas as obras que se financiarán con cargo ao remanente do ano 2019 cun total de 3,4 millóns de euros

Aberto o prazo de presentación de ofertas para a reforma do Pazo da Cultura e para as obras de reurbanización das rúas Pontevedra, Baños Vellos e Ourense

Xoves 1 de xullo do 2021 Carballo ao día

Entre as actuacións iniciadas figura a de mellora da accesibilidade na avenida Ponte da Pedra

Entre as actuacións iniciadas figura a de mellora da accesibilidade na avenida Ponte da Pedra

Co inicio do expediente de contratación dos proxectos de reurbanización das rúas Pontevedra, Baños Vellos e Ourense xa están en marcha todas as obras que se financiarán con cargo ao remanente líquido de tesourería para gastos xerais do ano 2019, e que suporán un investimento total de 3.411.416,10 euros. Grazas á suspensión das regras fiscais para o período 2020-21 por parte do Goberno do Estado, o Concello de Carballo poderá acometer as seguintes actuacións:

  • Accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra. Orzamento: 216.519,94 euros. Adxudicada a Excavaciones y Obras Candal na Xunta de Goberno Local do 12 de abril. En execución.
  • Rede de saneamento e abastecemento de agua en Cambre e Outeiro (Lema) e Cambrelle (Razo). Orzamento: 416.971,86 euros. Adxudicada a Vázquez y Reino na Xunta de Goberno Local do 12 de abril. A piques de comezar.
  • Reforma do centro social do barrio da Milagrosa. Orzamento: 147.317,86 euros. Adxudicada á empresa Covisam Norte na Xunta de Goberno Local do 26 de abril. En execución.
  • Substitución de cuberta e revestimento da fachada do pavillón deportivo Carballo Calero. Orzamento: 255.312,90 euros. Adxudicada na Xunta de Goberno Local o 26 de abril. En execución.
  • Rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa. Orzamento: 368.311,59 euros. Adxudicada na Xunta de Goberno Local do 21 de xuño a Vázquez y Reino.
  • Reforma do mercado, 2ª fase. Orzamento: 101.068,12. En licitación. Adxudicada na Xunta de Goberno Local do 7 de xuño á empresa Desarrolla Obras y Servicios.
  • Seguridade no polígono industrial de Bértoa. Orzamento: 181.000 euros. En fase de evaluación das ofertas presentadas.
  • Ampliación do cemiterio municipal, 1ª fase. Orzamento: 699.520,70 euros. En fase de evaluación das ofertas presentadas.
  • Reforma parcial dos almacéns municipais da Cristina para almacén-garaxe de Protección Civil. Orzamento: 82.516,43 euros. En fase de evaluación das ofertas presentadas.
  • Reurbanización da rúa Pontevedra. Orzamento: 151.344,30 euros. Aberto o prazo de presentación de ofertas ata o 26 de xullo.
  • Reurbanización das rúas Ourense e Baños Vellos. Orzamento: 294.631,77 euros. Aberto o prazo de presentación de ofertas ata o 26 de xullo.
  • Reforma do Pazo da Cultura, 1ª fase. Orzamento: 428.600,63 euros. Aberto o prazo de presentación de ofertas ata o 5 de xullo.

O único investimento que queda pendente, xa que depende da consecución de fondos europeos para o proxecto “Carballo Sostible: Enerxías renovables e eficiencia enerxética nos edificios públicos”, serían os 68.000 euros correspondentes á achega municipal para a execución das actuacións previstas, que suman outros 2 millóns de euros.

3 millóns máis do remanente do 2020

Un dos condicionantes á hora de elixir as obras a financiar co remanente foi que deben estar rematadas a 31 de decembro deste ano. Seguir mellorando na mobilidade e a accesibilidade na zona urbana, apoiar a actividade no polígono industrial mellorando a súa seguridade, avanzar na extensión dos servizos de saneamento e abastecemento de auga a todas as parroquias ou acometer a necesaria ampliación do cemiterio municipal son motivos que xustifican os investimentos previstos, que ampliaremos cun novo paquete de actuacións con cargo ao remanente do 2020 por un importe total de 3.133.956,31 euros.

Compartir: