Inicio Carballo ao día Hemeroteca Concedidas licenzas para a construcción de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Concedidas licenzas para a construcción de cinco novos edificios en Carballo

Luns 18 de setembro do 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou, ademáis, as certificacións das obras Execución de edificación destinada a Escola Taller de Carballo, Fase I, Nave 2 e 3, Afirmado de camiño en Ponte Guntián, Saneamento zona Bosque Fase I e Saneamento zona Bosque Fase II. Tamén adxudicou o contrato de consultoría e asistencia consistente na Redacción do Proxecto Básico e de Execución da Obra do Edificio destinado a Escola Infantil Municipal, mediante procedemento negociado sen publicidade, ademáis das obras Completar e reparar as beirarrúas na Avenida Bergantiños, cun prazo de execución de dous meses, e a Mellora de capa de rodadura do camiño rural en Taboada-Souto Grande, parroquia de Entrecruces. Igualmente, deuse conta do convenio de cooperación para o cofinanciamento de prevención e incorporación social de drogodependencias entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Carballo, e aprobouse o convenio de colaboración coa Fundación ECCA para a formación de persoas adultas. No primeiro dos casos, é obxecto o desenvolvemento por parte do Concello dos programas de Prevención e Incorporación Social de drogodependencias até o 30 de xuño de 2007. Os programas serán xestionados pola Asociación Vieiro de Carballo e desenvolverase nas áreas de prevención e incorporación social. A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a contratación de seis funcións da obra A cabana de Babaigá do Centro Drámático Galego, as bases da convocatoria de subvencións do programa anual de actividades culturais 2006 e o programa de exercicio físico para maiores. Fora da orde do día aprobouse iniciar o expediente de ruina do edificio entre as rúas Muiño e Ponte da Pedra, coa fin de axustar as aliñacións e demaís aspectos urbanísticos.

Compartir: