Protección Civil amplía o seu equipamento de emerxencias cun novo vehículo todocamiño cedido pola Xunta de Galicia
O servizo municipal conta nestes momentos cun equipo formado por oito persoas, que teñen o apoio de 47 voluntarios e voluntarias
Luns 21 de xuño do 2021 Carballo ao día
O concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, e unha representación do Servizo Municipal de Protección Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil achegáronse esta fin de semana ata o Monte do Gozo con motivo da entrega dun vehículo todocamiño destinado a mellorar o equipamento de emerxencias por parte do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, nun acto no que participaron tamén outros concellos galegos.
Protección Civil de Carballo conta cun parque móbil formado por sete vehículos, entre eles o camión motobomba adquirido a finais do ano 2019 polo Concello cun investimento de 216.887,66 euros, e que está dotado do equipamento preciso para poder realizar unha actuación máis eficaz, tanto en tempo de resposta como en medios movilizados, ante unha emerxencia. O novo vehículo todocamiño conta, entre outras características, con 190 cv e control de descenso de pendentes para que o persoal poida circular por todo tipo de terreos para levar a cabo as súas intervencións coa máxima seguridade e eficacia.
Nestes momentos a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo está integrada por 47 persoas, que se suman aos 8 traballadores e traballadoras do Servizo Municipal de Protección Civil, reforzado nesta época do ano con 3 auxiliares.