Bando do alcalde sobre a celebración das cachelas de San Xoán e impreso para a declaración responsable
Luns 21 de xuño do 2021
Atendendo ás normas vixentes de prevención, contención e coordinación fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, así como demais normativa complementaria, para a celebración das tradicionais cachelas de San Xoán establécense as seguintes normas de obrigado cumprimento:
- Autorízase a colocación de barbacoas ou similares, pero non poderán realizarse cachelas nos espazos públicos do concello de Carballo durante o San Xoán 2021.
- A veciñanza do concello de Carballo poderá realizar cachelas, churrascadas, sardiñadas ou similares en espazos privados.
- Os establecementos de hostalaría poderán realizar barbacoas, sardiñadas ou similares, velando polo cumprimento das restricións establecidas no Plan de Hostalaría Segura de Galicia.
- Presencialmente, nas oficinas da Policía Local
- A través do enderezo electrónico policia@carballo.gal
- As cachelas terán que distar un mínimo de 12 metros de edificacións e árbores. O diámetro máximo de zona de combustión será de 4 metros de ancho, cunha altura máxima de 2 metros.
- Os materiais a empregar na combustión serán: leña, pólas, toros de árbores e vellos materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense os pneumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con PVC en xeral e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calquera substancia explosiva. Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.
- Prohíbese a realización das tradicionais fogueiras parroquiais, comunitarias ou veciñais en espazos públicos, porque nas actuais circunstancias non se pode garantir a seguranza e cumprimento das normas vixentes de prevención da COVID-19 para evitar rebrotes. Neste sentido, as autoridades sanitarias recomendan non superar os grupos de 15 persoas.
- A persoa solicitante terá que acatar as normas ou instrucións que poidan ditar os axentes dos Corpos da Policía Local, Protección Civil ou Corpo de Bombeiros. En caso de emerxencia están dispoñibles os seguintes teléfonos: Servizo de Bombeiros (112 / 981758057), Policía Local (981701722) e Protección Civil (981 704048).