Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello promove a realización dun Curso...

MULLER

O Concello promove a realización dun Curso de Atención á Infancia

Luns 18 de setembro do 2006

As mulleres anotadas ao curso poderán solicitar axudas para o desprazamento, no caso de atoparse a máis de tres quilómetros do concello. Ademáis, ofértase servizo de canguraxe para poder acudir ao mesmo. As interesadas poden obter máis información ao respecto na Casa do Concello ou no Centro de Información á Muller. O curso é homologado e capacitaría aos participantes para atención a nenos e nenas, servicios de comedor, ludotecas ou transporte escolar, entre outros. Os temas a abordar no mesmo serán variados e van desde psicoloxía até atención aos nenos e nenas.

Compartir: