Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Asociación Galega de Apicultura celebrou...

A Asociación Galega de Apicultura celebrou en Carballo unhas xornadas sobre apiturismo

O concelleiro Luis Lamas destacou a colaboración dos produtores de mel no control da avespa velutina

Luns 14 de xuño do 2021 Carballo ao día

Carballo foi escenario durante a fin de semana dunha exposición de apicultura tradicional galega centrada no "Apiturismo". As persoas visitantes puideron coñecer máis de preto o mundo da apicultura a través dunha completa exposición fotográfica, vídeos e información personalizada por parte do persoal da Asociación Galega de Apicultura (AGA), organizadora da iniciativa.

O Concello de Carballo estivo representado polo concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, que inaugurou a xornada destacando a colaboración do sector apícola no control da avespa velutina no nosoc concello. Nesa primeira sesión, celebrada o venres, tamén participaron Xosé Torres, presidente de AGA, que ofreceu unha visión xeral da apicultura tradicional de Galicia, e Carme Toba, que ofreceu unha confrerencia sobre "Apicultura de lacenas e muros da Costa da Morte". A primeira xornada rematou cunha degustación de Meles Cinco Estrelas.

O sábado, ademais de abrir a exposición ao público, o Fórum Carballo foi escenario da asemblea de DAGA Bergantiños, e o domingo, ademais, tivo lugar unha charla sobre control da velutina que se completou coa presentación dos datos da comarca por parte de Isidro Rodríguez Ponte, da empresa Plaguiber.

Compartir: