LITORAL
O Concello xestionará en Santiago a rede de saneamento integral para Razo
Mércores 13 de setembro do 2006
O proxecto xa foi remitido polo Concello á Consellería de Medio Ambiente e ambas partes poderán falar do mesmo o vindeiro venres. O alcalde de Carballo aproveitará a xuntanza do día 15 para facer entrega doutras necesidades de saneamento para o municipio, un dos obxectivos prioritarios do goberno municipal. O comezo da reunión está previsto para as 09,30 horas en Santiago.