Inicio Carballo ao día Hemeroteca Convocada a mesa de contratación do...

URBANISMO

Convocada a mesa de contratación do parking e edificio comercial da praza do Concello

Mércores 13 de setembro do 2006

A construcción do aparcamento afectaría a toda a praza, excepto aos espazos ocupados pola casa consistorial e xardín municipal. O edificio comercial previsto na reforma do mercado acometeríase a continuación. A empresa concesionaria disporía dun prazo de tres meses para a redacción del proyecto e logo dous anos para o remate dos traballos. O alcalde de Carballo presidirá a mesa de contratación, da que tamén participarán o concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, o concelleiro de Facenda, José Antonio Viña, o concelleiro de comercio, Francisco Pérez, un representante do grupo municipal do PP, o arquitecto municipal, a interventora, o secretario, un técnico da área de Urbanismo e unha funcionaria que exercerá como secretaria. Tamén estarán presentes na xuntanza, con voz pero sen voto, os delegados do Centro Comercial Aberto e dos concesionarios dos postos do actual mercado de abastos.

Compartir: