Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unha saída a Baldaio puxo fin ao curso de...

Unha saída a Baldaio puxo fin ao curso de "Conservación de especies ameazadas de Galicia" organizado pola Deputación da Coruña dentro do seu plan de formación

Xoves 29 de abril do 2021 Carballo ao día

Unha visita a Baldaio guiada polos biólogos da USC María Vidal Malde, experta en ornitoloxía, e Rodrigo Carballal Vilaverde, experto en botánica, puxo fin ao curso de “Conservación de especies ameazadas de Galicia” organizado pola Deputación Provincial da Coruña dentro do seu plan de formación, e no que participou persoal técnico da área de Medio Ambiente do Concello de Carballo.

Armados/as con prismáticos e telescopio, os/as participantes puideron realizar un estudo da fauna e da flora do espazo natural de Baldaio, un dos máis importantes e valiosos de Galicia. Durante a visita puideron observar a varios exemplares da píllara das dunas no seu hábitat e coñecer especies vexetais únicas coma a omphalodes litoralis, que ten no noso litoral un dos seus principais refuxios mentres está a desaparecer noutros moitos lugares de Galicia.

A saída de campo puxo fin a un programa que incluíu 18 horas de formarción online a través da aula virtual do Campus Deputación da Coruña, grazas á colaboración do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da Universidade de Santiago de Compostela.

Compartir: