HOXE TEMOS 45 CASOS ACTIVOS
Carballo entra no nivel de restrición media cunha incidencia acumulada a 14 días de 124 casos de COVID-19 por 100.000 habitantes
Os principais cambios nas medidas que se viñan aplicando afectan ao sector da hostalaría, no que se reducen os aforos
Xoves 29 de abril do 2021 Carballo ao día
Carballo será un dos 27 concellos galegos co nivel de restrición media a partir das 24 horas de hoxe, aínda que a incidencia acumulada a 14 días, que é o parámetro utilizado polas autoridades sanitarias para determinar o nivel de cada municipio, sitúase hoxe en 124 cun total de 39 casos diagnosticados nese período de tempo. Nos últimos 7 días diagnosticáronse 30, o que supón unha incidencia acumulada de 95 por 100.000 habitantes. A día de hoxe, segundo a información remitida polo Sergas, hai 45 casos activos.
O cambio de nivel afecta, fundamentalmente, ao sector da hostalaría, no que se manteñen os horarios pero redúcense os aforos. Así, a ocupación no interior estará limitada ao 30% da capacidade máxima permitida, mentres que nas terrazas será do 50%.
No resto das actividades, tanto públicas coma privadas, ou ben non hai cambios ou ben non afectan porque xa se están aplicando medidas máis restritivas coa finalidade de evitar a propagación do coronavirus. Podes descargar aquí as medidas concretas.