OBRAS
Adxudicado o proxecto básico e de execución do local social de Berdillo
Martes 12 de setembro do 2006
O local social de Berdillo conta con semisótano, planta baixa e primeira planta. A primera fase centrarase nesta primeira planta, con actuacións de carpintería interior e exterior, remate das fachadas e revestimento exterior. A segunda fase contempla a dotación de pavimento e paredes e teito no semisótano, mesmas tarefas a acometer na terceira fase na planta baixa. As obras do Centro Social de Berdillo inclúen actuacións en acondicionamento e entorno, pocería e saneamento, albañilería, soldados e alicatados, carpintería, fontanería e sanitarios, electricidade, pinturas, cerraxería e protección.
A utilización prevista do local social de Berdillo será, para a primeira planta, de sala de exposicións itinerantes, charlas, conferencias, actividades musicais, de canto e danza, e representacións teatrais. O resto do edificio utilizarase, entre outras, para sala de xogos e sala da terceira idade. A idea do Concello e da Concellería de Cultura é a de potenciar o local como centro de reunión en Berdillo e o seu entorno.