Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a celebración do...

CRUZ VERMELLA

Carballo acolle a celebración do Día Mundial dos Primeiros Auxilios

Venres 8 de setembro do 2006

O obxectivo da formación en primeiros auxilios de Cruz Vermella é ofrecer coñecementos básicos para atender situacións de emerxencia e accidentes. Nestes cursos apréndense as técnicas, aptitudes e habilidades máis comúns nos primeiros auxilios en caso de accidente: reanimación cardiopulmonar, atención de shocks e curas básicas de feridas e hemorraxias, queimaduras ou traumatismos. O programa do Día Mundial dos Primeiros auxilios inclúe, ademáis, a formación dunha Cadea Humana de Axuda, prevista para as 11,45 horas, formada polas entidades vinculadas cos primeiros auxilios e o público asistente. Ademáis, de 12,30 horas a 13,00 horas haberá un simulacro de primeiros auxilios, coa acción simulada da intervención ante un accidente.

Segundo cifras aportadas por Cruz Vermella, máis de 3.300 persoas morren e outras 100.000 resultan feridas nos preto de 80.000 accidentes de circulación que se producen cada ano en terrirorio estatal. Os accidentes de tráfico convertéronse na primeira causa de morte nas persoas por debaixo dos 39 anos de idade.

Compartir: