Bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero
Luns 22 de marzo do 2021
Convocatoria, con financiamento plurianual, das subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, así como a prórroga destas axudas para todas as persoas que resultasen beneficiarias deste programa nos anos 2019, 2020 e 2021, con financiamento do pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Persoas beneficiarias
- As das mulleres vítimas de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantivese sobre ela unha relación de dominación. Terán tamén esa consideración as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa, con resultado de morte.
- As das fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, que se encontrasen nunha situación de dependencia económica da nai ou do agresor no momento do falecemento da vítima.
Lugar e prazo de presentación
Lugar de presentación
- Preferentemente a través de electrónica: https://sede.xunta.es
- Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
- En calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ata o día 10 de decembro de 2021 e, en todo caso, co esgotamento da partida orzamentaria contida na convocatoria.
Ligazóns
- ORDE do 11 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero
- RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2021 pola que se convocan, para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero