Información pública do proxecto sectorial e o estudo de impacto ambiental dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Carballo, A Laracha e Arteixo
Xoves 18 de febreiro do 2021
Publicado no DOG o acordo do 30 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Carballo, A Laracha e Arteixo (expediente IN407A 2008/71-1).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas:
- Nas dependencias da sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38).
- Nos concellos afectados.
- No portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: Instalacións eléctricas de distribución e transporte.