Inicio Carballo ao día Avisos Anuncio de información pública do...

Anuncio de información pública do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo

Mércores 10 de febreiro do 2021

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica con data 10 de febreiro de 2021 o anuncio de información pública do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo, que se somete a información pública polo prazo de dous meses coa fin de que as persoas que se consideren afectadas por este poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas. 

A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal (de 10.00 ás 13.00  horas) e na páxina web do Concello de Carballo, na seguinte ligazón: http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla 

Ademais, as máis de 200 persoas afectadas seguirán podendo utilizar o servizo de atención individual, previa solicitude de cita no 981704100:

  • Martes, de 10.00 a 12.00 horas, na Oficina Técnica Municipal, co arquitecto municipal.
  • Luns e xoves, de 17.00 a 20.00 horas, no Fórum Carballo, co equipo redactor.
En todos os casos é imprescindible, ademais de pedir cita, achegar a notificación individual, na que figuran os datos da parcela afectada.

Descargas

Compartir: