Inicio Carballo ao día Avisos Servizos municipais afectados polo cese de...

Servizos municipais afectados polo cese de actividade decretado pola Xunta de Galicia ante o avance da COVID-19

Martes 26 de xaneiro do 2021

Toma nota dos servizos municipais afectados polo cese de actividade que vén de decretar a Xunta de Galicia dende o 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro:

  • Todas as instalacións deportivas municipais permanecerán pechadas ata o 17 de febreiro.
+ info carballodeporte@carballo.gal
  • As bibliotecas tamén estarán pechadas. Na Biblioteca Rego da Balsa poderán realizarse as devolucións na caixa de correo da entrada.
+ info biblioteca@carballo.gal
  • O CMUS impartirá as clases de xeito telemático. O profesorado de cada materia porase en contacto coas familias.
+ info equipo directivo e profesorado
  • A Escola de Idiomas suspende a actividade lectiva presencial e impartirá as clases de maneira virtual.
+ info https://sites.google.com/site/eoiseccioncarballo/
  • O Museo de Bergantiños e a Oficina de Información Turística permanecerán pechados ao público tamén ata o 17 de febreiro.
+ info museo@carballo.gal
  • O Coworking Carballo reduce o seu horario de apertura ao público, de xeito que funcionará de 09.00 a 18.00 horas.
+ info coordinación@coworkingcarballo.gal
  • O Pazo da Cultura terá pechadas as súas instalacións agás o Rexistro, que funciona con cita previa. Tamén permanecerán pechados todos os centros sociais das parroquias.
+ info 981704300

O xoves 28 de xaneiro ás 10.00 horas reunirase a comisión de seguimento da COVID-19 no noso concello, que podería adoptar medidas complementarias.

Compartir: