XUSTIZA
O Consello de Ministros aproba a creazón do terceiro xulgado para Carballo
Luns 4 de setembro do 2006
O goberno local volveu solicitar esa nova sala a principios do pasado mes de xaneiro, coincidindo coa visita da Delegada Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Mª Esther González, a Carballo. A propia Delegada Provincial manifestaba aquela data que se trataba dunha negociación complicada, ainda que seguro que daría os seus froitos. Só dous meses despois, o Conselleiro de Presidencia e o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anunciaban, trala xuntanza da Comisión Mixta de Xustiza, que Carballo contaría cunha nova unidade xudicial. Jesús Souto manifestaba por aquel entón que sería normal que xa estivese funcionando a finais deste ano 2006. Presidencia xa ten comprometidas as partidas necesarias, tanto para a dotación de mobiliario e equipamento, como de personal.