Exposición pública das modificacións das ordenanzas de terrazas e lixo para negocios de hostalaría e turismo
Sábado 23 de xaneiro do 2021
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o 21 de xaneiro de 2021 os anuncios de aprobación inicial das modificacións de dúas ordenanzas que permitirán aliviar a situación dun sector económico tan afectado pola crise sanitaria coma é o da hostalaría.
Por unha banda, e por segundo ano consecutivo, suspéndese durante todo o ano a aplicación da ordenanza fiscal pola ocupación do espazo público con terrazas. Se algún/ha contribuínte tivese aboado xa as taxas correspondentes ao 2021, poderá solicitar a devolución.
A modificación da ordenanza estará exposta durante 30 días hábiles, para que as persoas interesadas presenten as alegacións que estimen oportunas. O mesmo prazo rexe para a revisión da modificación da ordenanza que regula a taxa do lixo, neste caso non só para hostalaría, senón tamén para outro tipo de negocios turísticos, coma hospedaxes ou axencias de viaxes.
A bonificación ten carácter trimestral, e consistirá nun 12,5% da cota anual por cada trimestre no que se produzan limitacións de aforo ou de horario nos sectores afectados, e aplicarase de oficio, sen necesidade de que os establecementos incluídos nos epígrafes correspondentes (poden consultarse na documentación axunta).