Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local aproba licenzas para 72...

CONSTRUCCIÓN

A Xunta de Goberno Local aproba licenzas para 72 novas vivendas

Luns 4 de setembro do 2006

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a solicitude dunha subvención á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para a acontratación de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local, destinadas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes e coa eliminación da violencia de xénero. Trátase dunha subvención de 3.040 euros que contempla a realización de 3 cursos de Sensibiliazazión en Igualdade orientados a fomentar a corresponsabilidade e 2 cursos para promover a sensibilización e formación dos profesionais. No tocante ás certificacións de obra, aprobáronse a segunda de ‘Aceras en Xoane-Goiáns’, por importe de 45.554,94 euros, e a sétima da ‘Execución de edificación destinada a Escola Taller de Carballo, FaseI, Naves 2 e 3’, por importe de 65.460,79 euros. Aprobáronse tamén tres convenios de colaboración, coas Escolas Balonmán Xiria, Fundación Caixa Galicia-Claudio Sanmartín e Nordesía Produccións SL e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Fan referencia, respectivamente, á organización do III Torneo Internacional Concello de Carballo de Balonmán, á celebración do programa ‘As nosas músicas 2006’ e o financiamento da realización do proxecto Casa dos Oficios. A Xunta de Goberno Local autorizou, ademáis, catro novas licenzas de vaos permanentes na localidade, nas rúas Mirtos, Mapoula, Igrexa e Álvaro Cunqueiro.

Compartir: