Inicio Carballo ao día Avisos Convocatoria para acreditar a experiencia...

Convocatoria para acreditar a experiencia profesional en sete cualificacións

Venres 15 de xaneiro do 2021

O Diario Oficial de Galicia (DOG n.º 8) publica o 14 de xaneiro unha nova convocatoria para acreditar a experiencia profesional das persoas traballadoras galegas. Trátase de 1.209 novas prazas e un total de 7 cualificacións profesionais, o que supón un total de 4.140 unidades de competencia. As 7 cualificacións profesionais son as seguintes:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 325 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 225 prazas.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 150 prazas.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 150 prazas.
  • Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural SEA595_2): 150 prazas.
  • Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 162 prazas, nas unidades de competencia UC0080_2 e UC0081_2.
  • Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 47 prazas
Nesta cualificación de Servizos para o control de pragas non se admiten novas solicitudes e só poden presentarse as persoas que quedaron na lista de espera da anterior convocatoria.

O prazo de inscrición é dende o día 15 de xaneiro ata o día 11 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Para poder presentarse deberán posuírse os seguintes requisitos:
  • Ter experiencia laboral de alomenos 3 anos nos últimos 10 anos.
  • Ou ter cursos de formación relacionados coa cualificación á que se queira presentar de 300 horas realizados nos últimos 10 anos.
Para máis información poden consultar na páxina web da Consellería de Emprego e Igualdade, no portal de Emprego: https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.htmlRecoñecemento 
As persoas interesadas en participar neste procedemento que precisen máis información poden solicitala tamén no Servizo de Orientación Laboral no Concello de Carballo (teléfono 981709011).

Compartir: