Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os afectados pola explosión da pirotecnia...

XUNTANZA

Os afectados pola explosión da pirotecnia Calvo recibiron a explicación do procedemento por parte do Concello

Luns 4 de setembro do 2006

A xuntanza tivo lugar no colexio de Canosa-Rus e, ademáis dos afectados, estiveron presentes os alcaldes e responsables municipais dos Concellos de Carballo e Coristanco, a asesoría xurídica das dúas administracións e técnicos da empresa de peritación. A reunión celeboruse casi dous meses despois da explosión, que provocou importantes danos materiais en edificios e vivendas das parroquias de Erbecedo e Rus. Os afectados recibiron unha ficha na que se especifican os danos provocados na súa propiedade, ademáis da correspondente valoración.

Compartir: