Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local reúnese o...

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión ordinaria

Venres 1 de setembro do 2006

A Xunta de Goberno Local levará, ademais, para a súa aprobación, a solicitude de dúas subvencións para a acontratación de axentes de emprego e desenvolvemento local e destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes e coa eliminación da violencia de xénero.

No tocante ás certificacións de obra, levaranse a segunda de beirarrúas en Xoane-Goiáns e a sétima da execución de edificación destinada a Escola Taller de Carballo, Fase I, Naves 2 e 3, mentres que a orde do día tamén contempla a aprobación de tres convenios de colaboración, coas Escolas Balonmán Xiria, Fundación Caixa Galicia-Claudio Sanmartín e Nordesía Producións SL e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Fan referencia, respectivamente, á organización do III Torneo Internacional Concello de Carballo de Balonmán, á celebración do programa ‘As nosas músicas 2006’ e o financiamento da realización do proxecto Casa dos Oficios.

A orde do día inlúe, ademais, a autorización de catro novas licenzas de vaos permanentes na localidade.

Compartir: