EMPREGO
Vicepresidencia achegará 120.000 euros para a Casa dos Oficios
Xoves 31 de agosto do 2006
A finalidade é lograr unha cobertura axeitada e o máis ampla posible de apoio á xuventude permitíndolle o uso das instalacións deste edificio para a realización actividades. Nestes momentos continúa a traballarse nas naves 2 e 3, que albergarán un edificio formativo e outro funcional. A fase da estructura está xa rematada e estanse a facer os traballos de forxado. Ademáis, xa están acometidos os servizos de saneamento, gas, electricidade e telefonía. O grupo de goberno considera que o entorno da Milagrosa necesita dunha inxección urbanística e dun referente permanente, pretendendo que a formación sexa un dos eixos da súa actuación.