Inicio Carballo ao día Avisos A Demarcación de Costas ten aberto ata o...

A Demarcación de Costas ten aberto ata o 18 de xaneiro o prazo de solicitude de servizos de temporada nas praias

Xoves 17 de decembro do 2020

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica con data 16 de decembro o anuncio da Demarcación de Costas de Galicia pola que se establece o prazo para solicitar autorizacións para os servizos de temporada de praia correspondentes ao ano 2021 que pretendan prestarse en terreos de dominio público marítimo-terrestre da provincia da Coruña.

As persoas físicas e xurídicas interesadas poden presentar a solicitude dende o 17 de decembro ata o 18 de xaneiro, ámbolos dous incluídos, para a instalación de quioscos, expendedores de bebidas, terrazas... e para servizos de formación e ensino das modalidades deportivas de surf, bodyboard, longboard e paddle surf dentro do municipio de Carballo. Os impresos deben presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello.

O impreso de solicitude, as bases e o anuncio do BOP poden descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: