Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os libros e o folclore puxeron fin aos actos do...

CULTURA

Os libros e o folclore puxeron fin aos actos do ‘Verán Cultural’

Xoves 31 de agosto do 2006

O Verán Cultural do Concello de Carballo contou estes dous últimos meses con numerosas e variadas actividades, que incluíron espectáculos de maxia, concertos de moi diversos estilos, teatro para todas as idades e varias exposicións no Pazo da Cultura. Ademáis, celebráronse actividades deportivas, como unha proba do campionato nacional de volei-praia no areal de Razo, o primeiro simposio internacional sobre o Patrimonio Megalítico da Costa da Morte ou a primeira edición do festival Sereas e Piratas, que acolliu a praia de Razo. Mofa e Befa, Katie Graham, Joao Afonso, Berrogüetto ou a Trova Camagüeyana foron das actuacións máis destacadas da época estival en Carballo.

Compartir: