AS BANDEIRAS ONDEAN A MEDIA HASTA
Xornada de loito local polo falecemento en accidente dunha traballadora da brigada municipal de incendios
Venres 25 de agosto do 2006
O suceso tivo lugar arredor das 22:15 horas deste xoves 24 de agosto, cando varios membros da brigada municipal conveniada co Concello retornaban á base para finalizar a súa xornada de traballo. Ao lugar dos feitos desprazáronse o tenente de alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente.
O Concello de Carballo quere expresarlle o seu pesar á familia e aos amigos da falecida, D.V.V., de 40 anos e residente na parroquia de Meaño -Cabana de Bergantiños-. A Xunta de Portavoces dos Grupos Municipais acordou esta mañá declarar o día de hoxe de loito local. Neste espazo de tempo quedan suspendidas todas as actividades programadas polo Concello. Asimesmo, as bandeiras ondearán a media hasta como mostra de recoñecemento, respecto e dor por tan lamentable suceso.
Os outros ocupantes do vehículo resultaron feridos, dous deles de carácter leve e un terceiro presenta prognóstico reservado.
As actividades que estaban previstas para hoxe no marco da Praza dos Libros foron suspendidas.