Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alcalde de Carballo entrevístase co...

INDUSTRIA

O alcalde de Carballo entrevístase co conselleiro de Innovación e Industria

Luns 29 de agosto do 2005

O Concello de Carballo remitiulle o 8 de agosto á Consellaría de Innovación e Industria as alegacións ao Proxecto sectorial do parque empresarial para sometelas á súa consideración. Nestas alegacións, facíase referencia ao estudo económico e financeiro, á conexión viaria e á normativa aplicable.

No proxecto de urbanización e ao proxecto de conexión exterior, o Concello pretende que se subsanen diferentes aspectos. No tocante ao saneamento, solicítase unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR); en canto á enerxía eléctrica, o Goberno municipal pide que se contemple a instalación da rede de gas natural no contorno do polígono industrial, unha petición que non estaba recollida no proxecto sectorial. Na entrevista tamén se tratarán outros temas relacionados co alumeado, co mobiliario ou co rego automático.

Peonalización de rúas
O alcalde de Carballo explicou a súa intención de lle reiterar ao conselleiro de Industria a solicitude remitida dende o Concello no ano 2004, "e que aínda non obtivo resposta ningunha", relativa á peonalización da rúa Desiderio Varela.

Na entrevista, Evencio Ferrero presentaralle ao Conselleiro a iniciativa municipal de crear un novo espazo comercial e un aparcadoiro na Praza do Concello, aprobado no pleno municipal do 26 de xullo, coa intención de "recadar algún tipo de apoio por parte da Consellaría", segundo indicou.

Compartir: