FEIRA LITERARIA DE CARBALLO
Este xoves inaugúrase A Praza dos Libros
Mércores 23 de agosto do 2006
Os recitais, as actuacións musicais, o inicio de libros ceibes -un bookcrossing en diversos bares do municipio-, unha xincana para nenos e nenas ou a exposición e venda de obras son só algunhas das actividades que conforman a programación da Feira Literaria de Carballo.
O evento contempla ademais a participación de diversos autores -por medio de sinaturas, presentacións ou encontros-, como Xurxo Borrazás, Henrique Guerra, Fernando Cabeza Quiles, Xurxo Souto, Manuel Rivas ou Paula Carballeira, entre outros.
O horario da feira será de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 21:30. A programación completa da Praza dos Libros pode consultarse nesta nova.