FESTA DOS MAIORES
Ábrense as inscricións para a xuntanza de maiores de Melide
Martes 22 de agosto do 2006
O domingo 3 setembro de 2006 terá lugar a primeira Xuntanza de Melide. Dende as 10 da mañá e até as 8 da tarde nunha paraxe incomparable como é a área recreativa de Furelos, en Melide, haberá actuacións musicais, obradoiros tradicionais, xogos populares, rotas turísticas, baile, e outras actividades dirixidas ás persoas maiores do concello de Carballo.
A comida corre por conta de cada quen. Porén, alí haberá postos de polbo, churrasco, empanada e demais, como corresponde cunha auténtica festa ao aire libre. Ademais coincide que é día de mercado en Melide, co cal hai moitos e bos sitios para xantar e que terán menús a prezos razonables. As persoas que queiran asistir poderán informarse ou inscribirse nos seguintes números de teléfono: 981 704 300 e 981 704 700 entre as dez da mañá e a unha e media da tarde. Nalgúns casos tamén se poderan inscribir nas asociacións de veciños e nas de maiores das parroquias. O prazo de inscripción remata o martes 29 de agosto.
O transporte para a xuntanza de maiores será gratuíto. A saída dos autobuses dende as distintas parroquias realizarase ás 8:00 h. Posteriormente, ás 9:00 h, sairán todos dende a Praza do Concello de Carballo cara á localidade de Melide. Esta é unha actividade promovida pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia dentro do programa Lecer.