Carballo acollerá durante cinco meses unha nova Lanzadeira de Emprego para desempregados/as de 18 a 60 anos
Venres 13 de novembro do 2020
A III Lanzadeira de Emprego de Carballo desenvolverase entre finais deste mes e finais de abril, e, como nas edicións anteriores, terá 20 prazas, destinadas a homes e mulleres en situación de desemprego con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos. Poden participar persoas con calquera nivel formativo (sen estudos, Graduado Escolar, ESO, Formación Profesional, Bacharelato ou estudos universitarios), e procedentes de calquera sector laboral, con ou sen experiencia previa.
Dende a Lanzadeira, impulsada pola Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica, coa colaboración do Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, ofrecerase ás persoas participantes, de xeito gratuíto, orientación laboral, acompañamento e asesoramento co obxectivo final de acadar a súa inserción laboral.
Este ano as sesións serán, sobre todo, online, pero tamén se realizarán de maneira presencial nas instalacións cedidas polo Concello de Carballo no Fórum. As persoas interesadas atoparán toda a información na ligazón inferior.