Inicio Carballo ao día Avisos Subvencións para o autoemprego e a...

Subvencións para o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas

Mércores 30 de setembro do 2020

    O obxecto da convocatoria é promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que supón o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

    Persoas beneficiarias
    As seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia:
    1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
    2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
      Requisitos comúns
      1. Acreditar a condición de persoa beneficiaria.
      2. Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
      3. Que a data do retorno a España abranga desde o 1 de xaneiro de 2018, incluído
      4. Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na CA de Galicia.
      5. Non ter sido beneficiaria desta axuda para a mesma actividade ao abeiro de anteriores convocatorias.
      6. Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
      Requisitos específicos

      1. Traballadores/as autónomos/as ou por conta propia:
      1. Ser titular dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
      2. Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional no período ao cal se refire o punto 1.c) e, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.
      3. Estar de alta no Censo de actividades económicas da AEAT.
      2. Persoas socias traballadoras de sociedades mercantís, laborais ou cooperativas de traballo asociado:
      1. As entidades deberán estar legalmente constituídas e/ou inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia, segundo o caso.
      2. Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional no período ao cal se refire o punto 1.c) e, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.
      3. Estar de alta no Censo de actividades económicas da AEAT.
      Quedan excluídos os autónomos colaboradores.

      Gastos subvencionables
      Os gastos de notaría e rexistro, cursos técnicos específicos, subscricións, cotas de participación en asociacións empresarias ou profesionais e gastos de colexiación, servizos de profesionais, tributos, licenzas administrativas, gastos derivados do desenvolvemento e implantación da páxina web e da pasarela de pagamento para a realización de vendas en liña, publicidade e propaganda, primas de seguros, arrendamento de local, de maquinaria, de vehículos e de equipamentos informáticos e subministración de servizos imputables ao desenvolvemento da actividade (calefacción, gas, auga, electricidade, telefonía e internet), xerados nos tres meses anteriores á alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda ata a finalización do prazo de xustificación recollido nesta resolución. Quedan excluídos os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

      Contía e compatibilidade de axudas
      Establécese unha contía da subvención de 5.000 euros, incrementándose no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:
      1. No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
      2. No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural (todos os concellos galegos agás os seguintes:Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo): 2.000 euros.
        Esta axuda é compatible con outras para o mesmo fin, sen que a contía total supere o custo da actividade. O importe máximo da subvención concedida ao abeiro desta convocatoria será de 8.000 euros.

        Documentación

        Solicitude e anexos  |  Presentación electrónica na sede
        1. Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta.
        2. Certificado de emigrante retornado, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.
        3. Alta no réxime da Seguridade Social ou alta na mutualidade do colexio profesional que corresponda ou, no caso das sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado, afiliación da entidade na Seguridade Social e de cada unha das súas persoas traballadoras, na cal se recolla o réxime da Seguridade Social e a data en que tivo lugar a alta.
        4. Se é o caso, certificado do colexio profesional de data de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade, e certificado da mutualidade do colexio profesional, con indicación dos períodos de alta nela.
        5. Alta no censo de obrigados tributarios da AEAT.
        6. Plan de negocio empresarial segundo o modelo do anexo II.
        Cando a persoa solicitante sexa membro dunha sociedade civil ou comunidade de bens deberá achegar, ademais:
        1. Contrato privado ou escritura pública de constitución da sociedade civil ou comunidade de bens onde conste a porcentaxe de participación das persoas socias ou comuneiras, de ser o caso.
        Cando a persoa solicitante sexa socia traballadora dunha sociedade mercantil, laboral ou cooperativa de traballo asociado deberá achegar, ademais:
        1. Escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia.
        2. Certificado do representante legal da entidade acreditativo da condición de socia traballadora da persoa solicitante e no cal conste a porcentaxe de participación da persoa socia solicitante.
        As persoas beneficiarias das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración non deberán achegar a documentación recollida nos números 1.a) e 1.b) deste artigo.. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

        Lugar de presentación
        As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
          Prazo de solicitude
          Ata o 30 de outubro de 2020.

          Compartir: