Prórroga do Plan MeCuida ata o 31 de xaneiro de 2021 pola disposición adicional terceira do Real Decreto-lei 28/2020 de traballo a distancia
Martes 29 de setembro do 2020
O Goberno do Estado estableceu medidas para coidar a quen ten persoas dependentes a cargo. Coa implementación deste permiso de ausencia especial dáselle a quen coida a posibilidade de organizar o seu tempo de traballo da maneira máis satisfactoria para poder atender estes coidados.
Características do Plan MeCuida
- Non é un permiso remunerado, pero permite a quen acceda a él quedar na casa sen que por iso poidan ser despedidas ou sancionadas.
- As persoas beneficiarias poderán reducir ata o 100% da súa xornada laboral, ou reorganizala, para afrontar o peche de colexios e doutros centros sociais de atención.
- A modificación de xornada que se solicite limitarase á duración do período excepcional.
Pódense solicitar, por exemplo, as seguintes modificacións:
- Cambio de quenda
- Alteración de horario
- Horario flexible
- Xornada partida ou continuada
- Cambio na forma de prestación do traballo (incluíndo a prestación de traballo a distancia ou calquera outro cambio de condicións dispoñible)
As persoas traballadoras por conta allea que acrediten deberes de coidado respecto ao cónxuxe ou parella de feito, así como ao respecto dos seus familiares por consanguinidade ata o segundo grao da persoa traballadora terán dereito a acceder á adaptación da súa xornada e/ou á redución da mesma o, cando concorran circunstancias excepcionais relacionadas coas actuacións necesarias para evitar a transmisión comunitaria do COVID-19. Entenderase que concorren ditas circunstancias excepcionais:
- cando sexa necesaria a presenza da persoa traballadora para a atención dalgunha das persoas indicadas no apartado anterior que, por razóns de idade, enfermidade ou discapacidade, necesite de coidado persoal e directo como consecuencia directa do COVID-19.
- cando existan decisións adoptadas polas Autoridades gubernativas relacionadas co COVID-19 que impliquen peche de centros educativos ou de calquera outra natureza que dispensasen coidado ou atención á persoa necesitada dos mesmos.
- cando a persoa que ata o momento se encargou do coidado ou asistencia directos de cónxuxe ou familiar ata segundo grao da persoa traballadora non puidese seguir facéndoo por causas xustificadas relacionadas co COVID-19
Procedemento para solicitar o permiso
- A redución de xornada deberá comunicarse á empresa con 24 horas de antelación.
- As adaptacións de xornada deberán solicitarse de maneira "xustificada, razoable e proporcionada", para acomodarse ás necesidades de organización da empresa.
Artigo 6 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 (BOE nº 73, de 18/03/2020) Infografía Plan MECUIDA